Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación de concurso, con procedemento aberto, trámite de urxencia.

1. Proxecto: urbanización do polígono delimitado polas rúas nº 6, 16, 17 e o paseo marítimo de Barraña (Espadañal-1).

2. Orzamento: 209.335,66 euros (IVE incluído).

3. Aplicación orzamentaria: 511.601.07.

4. Prazo de execución: 2 meses.

5. Clasificación: A-2-C, E-1-C, G-4-D, I-9-C.

6-7. Lugar e prazo de presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Boiro durante o prazo de 13 días naturais a partir da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.

8. Garantía provisional: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Taxas do contrato: non.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Control de calidade: esixible.

13. Criterios de ponderación de ofertas: opción B.

14. Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello ás dez horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No suposto de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

15. Outros datos: teléfono: 981 84 48 00. Fax: 981 84 40 08. Enderezo: Concello de Boiro, praza do concello, 15930 Boiro.

Modelo de proposición.

D./Dª....., con domicilio en....., rúa....., número....., teléfono....., con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) número....., actuando en nome propio (ou en representación de..... DNI ou CIF número..... e con domicilio en..... número..... teléfono.....), toma parte no concurso, con procedemento aberto, para

a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ....., e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... (IVE incluído), que significa unha baixa de....., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..... o..... de..... de 20.....

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de....., presentada por.....

En..... o..... de..... de 20.....

Expediente: o expediente, proxecto e prego de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 21 de agosto de 2002.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde