Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con procedemento aberto e tramitación urxente, das obras de clave AC-02-107 A Baña e dúas máis.

a) Obra.

1. Prolongación de beirarrúas en San Vicenzo. Estrada AC-444. 1ª fase.

Clave: AC-02-107 A Baña.

Orzamento: cento vinte mil oitenta e seis euros con noventa e cinco céntimos (120.086,95 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Travesía nas Tablas. Estrada C-540. Oza dos Ríos.

Clave: AC-02-163 Oza dos Ríos.

Orzamento: sesenta e seis mil euros (66.000 A).

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Construcción de beirarrúas na Igrexa. 1ª fase.

Clave: AC-02-181 As Somozas.

Orzamento: sesenta e seis mil setenta e sete euros con vintesete céntimos (66.077,27 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Servicio Provincial de Contratación; edificio administrativo Monelos, 8º andar, na Coruña. Teléfono de información 981 18 48 63.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Ós adxudicatarios dos contratos regulados polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esixiráselles, segundo consta nos artigos 36 e 41 da citada lei, unha garantía definitiva polo importe do 4% do orzamento de adxudicación.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administración públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 20 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 16-5-2002)

Juan A. Martínez-Casanueva Viqueira

Delegado provincial accidental da Coruña