Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2002, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada C-535, treito: polígono industrial de Sarria-Saa, clave: LU/99/36.1, concellos de Sarria e Láncara.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 31 de xullo de 2001 foi aprobado o proxecto de trazado de obra de acondicionamento da estrada C-535, Treito: polígono industrial de Sarria-Saa, Clave: LU/99/36.1.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 4 de abril de 2002 declárase urxente, para os efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder

ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Láncara.

Día: 23 de setembro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas e 16.30 horas a 19 horas.

De: Álvarez Regueiro, José Manuel a López Pérez, Regino.

Día: 24 de setembro de 2002.

Horario: 9 horas a 13 horas e 16.30 horas a 18 horas.

De: López Regueiro, José a Villarín Cordero, Luis.

Casa do Concello de Sarria.

Día: 25 de setembro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas e 16.30 horas a 19 horas.

De: Álvarez López, Antonio a López López, José.

Día: 26 de setembro de 2002.

Horario: 9 horas a 13 horas e 16.30 horas a 18 horas.

De: López López, José Manuel a Vázquez Fernández, Socorro.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Sarria e Láncara e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo ( Ronda da Muralla 70, 1ª planta) 27071 Lugo.

A este acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 1 de agosto de 2002.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo