Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da segunda fase do parque empresarial do Campiño, promovido por Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.

A Comisión de Goberno, en sesión de vintecatro de xuño de dous mil dous, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización, formulado por Xestur Pontevedra coa finalidade de levar á práctica as obras de urbanización da segunda fase do parque empresarial do Campiño, dentro do marco do plan parcial correspondente ó solo urbanizable A-3, do vixente PXOU, con visado colexial nº 21447, de 17-12-2001, e documentación técnica complementaria, consistente en memoria, planos 4.1º, 4.3º, 4.3º.1, 4.4º, 5.1º e 12.2º.6, e orzamento, visada polo seu colexio profesional correspondente en data 30-4-2002, sendo redactada toda esta documentación polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Benito Fernández González.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

No obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 12 de xullo de 2002.

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente