Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.856

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

NOTA-ANUNCIO.

Con data do 4 de xullo de 2002 a Secretaría de Estado de Infraestructuras resolveu aprobar tecnicamente o estudio informativo do eixe atlántico de alta velocidade tramo Ordes-Queixas e Cerceda-Bregua (A Coruña).

En virtude da dita resolución e conforme o disoosto no artigo 228.2º do vixente regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sométese a información pública o dito estudio informativo, por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir da data de publicación do presente anuncio no BOE para ser examinado polas persoas que o desexen, que poderán formular observacións que deberán versar sobre circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da liña e sobre a concepción global do seu trazado.

A información pública éo tamén para os efectos ambientais indicados no procedemento de avaliación de impacto ambiental regulado polo Real decreto lexislativo 1302/1986 e do seu regulamento de aplicación (artigo 15).

O estudio informativo estará exposto ó público en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Delegación do Goberno en Galicia (praza Ourense, s/n 15071 A Coruña), e na Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento (praza dos Sagrados Corazóns nº 7, planta baixa 28071 Madrid).

Así mesmo, nos concellos de Ordes, Tordoia, Cerceda, A Laracha e Culleredo (A Coruña), estará ó dispor dos interesados unha separata-extracto do estudio informativo no que afecta ós ditos municipios.

As alegacións que se formulen irán dirixidas á Subdirección Xeral de Plans e Proxectos de Infraestructuras Ferroviarias, praza dos Sagrados Corazóns, nº 7, 28071 Madrid, indicando como referencia: información pública do estudio informativo do eixo atlántico de alta velocidade. Tramos Ordes-Queixas e Cerceda-Bregua (A Coruña).

Madrid, 8 de xuño de 2002.

Eduardo Molina Soto

Subdirector xeral de Plans e Proxectos

de Infraestructuras Ferroviarias