Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 18 de xaneiro deste ano, os estatutos e as bases de actuación da xunta de compensación correspondente á unidade de execución nº 2 das NN.SS. deste concello, en cumprimento do disposto no artigo 102 da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo de vinte días, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se consideren oportunas.

Inserirase este edicto no DOG e o período para exame e presentación de reclamacións iniciarase a partir do día seguinte ó da súa inserción.

Vilanova de Arousa, 19 de agosto de 2002.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde