Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso de arrendamento dun local.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Contratación.

c) Número do expediente: 02/40-2 PATRIM.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento dun local para almacenamento do parque de vehículos, maquinaria e recambios utilizados pola brigada de Obras do Concello de Cambre.

b) Situación do inmoble: no termo municipal de Cambre, valorarase a proximidade ó centro da capital municipal. Terá unha superficie útil entre 550 e 600 m, altura mínima interior de 5 m, pavimento con capacidade para soportar unha sobrecarga de, cando menos, 1.500 kg/m, e deberá contar con vestiario, aseo, ducha, inodoro e instalacións de abastecemento, saneamento e enerxía eléctrica (ver prego de prescricións técnicas).

c) Duración do contrato: desde o día seguinte ó da formalización, para un período aproximado dun ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

1.652,78 euros/mes, IVE incluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cambre. Departamento de Contratación.

b) Domicilio: O Adro, nº 1.

c) Localidade e código postal: Cambre 15660.

d) Teléfono: 981 61 31 28/981 61 31 88.

e) Telefax: 981 67 59 69/981 67 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo para presenta-las proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista.

Ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en dous sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura na cláusula 8.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado «Documentación», conterá a documentación esixida na cláusula 8.2.2 do prego.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Cambre. Rexistro de Entrada.

2º Domicilio: O Adro, número 1.

3º Localidade e código postal: Cambre, 15660.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Cambre (salón de sesións).

b) Domicilio: O Adro, número 1.

c) Localidade: Cambre.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións.

Departamento de Contratación, primeiro andar da casa do concello.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Exposición dos pregos.

Poderanse examinar e obter copias no Departamento de Contratación (no primeiro andar da casa do concello), e na páxina web: http//www.cambre.org/publicaciones, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días.

Cambre, 12 de agosto de 2002.

P.D. (Resolución alcaldía 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente alcalde