Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de implantes cocleares para diversos hospitais da rede hospitalaria do Servicio Galego de Saúde.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saude

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: S-199/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de implantes cocleares para diversos hospitais da rede hospitalaria do Servicio Galego de Saúde.

b) Número de unidades que se van entregar: 24 implantes cocleares (9 no ano 2002 e 15 no ano 2003).

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega: Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e Complexo Hospitalario Xeral Cíes (Vigo).

e) Plazo de entrega: 7 días naturais, contados a partir da recepción da petición.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cincocentos catro mil euros (504.000 euros).

5. Garantía provisional: equivalente ó 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio Galego de Saúde.

b) Domicilio: edf. adtvo. San Lázaro s/n, 2ª pta.

c) Localidade e código postal: 15871 Santiago de Compostela

d) Teléfono: 981 54 36 18.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21-9-2002.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicio Galego de Saúde (ver punto 6).

d) Prazo no que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contando desde a data da presentación das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: ás 9 horas a.m. do 26-9-2002, na sala 2.2 do edificio administrativo de San Lázaro (ver punto 6).

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a 4.200 euros.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 1-8-2002.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos