Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con trámite de urxencia, das obras RC-OU-02.24 e RC-OU-02.27.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto dos contratos.

a) Sinalización vertical na OU-402. Ourense.

-Nº de expediente: RC-OU-02.24.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Orzamento base de licitación: 388.015,20 euros.

-Clasificación obrigatoria: grupo G, subgrupo 5, categoría f.

b) Reforzo de firme na N-525 (A), travesía de Cudeiro. Ourense.

-Nº de expediente: RC-OU-02.27.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Orzamento base de licitación: 71.492,71 euros.

-Clasificación: non se exise.

-Clasificación adecuada ó obxecto do contrato: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Teléfono: 988 38 62 36.

e) Telefax: 988 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista.

-Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica nos casos en que non se esixe clasificación: deberán acreditarse obrigatoriamente polos medios indicados nos artigos 16.1.c) e 17, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, sendo a maquinaria, material e equipo técnico mínimo de que se disporá e os criterios de selección os que se especifican no anexo ó cadro de características.

-De posuí-lo licitador a clasificación adecuada ó obxecto do contrato, será eximido da presentación dos documentos ós que se refire o parágrafo anterior, segundo o establecido no punto 2.2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás doce horas do décimo cuarto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2. Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32071 (ou enviaranse por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Data: o décimo quinto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Variantes: segundo o especificado no epígrafe E do cadro de características.

10. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 19 de agosto de 2002.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense