Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de novo acceso ó porto de Combarro.

Por Resolución do 30 de maio de 2002, o presidente de Portos de Galicia aprobou o proxecto de novo acceso ó porto de Combarro, no termo municipal de Poio.

En virtude do Decreto 182/2001, do 12 de xullo, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e en aplicación do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou declara-la utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra de clave PO-13-14-00-01, de novo acceso ó porto de Combarro.

Para tal efecto, convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se xunta, e que figura tamén exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Poio, para que comparezan no lugar, data e hora que figuran nesta resolución, co obxecto de proceder ó levantamento das actas previas á súa ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar do predio, de considerarse necesario, co fin de recolle-los datos para a valoración dos bens e dereitos afectados.

Lugar: Casa do Concello de Poio.

Día: 11 de setembro de 2002.

Hora: 10 horas.

Ben afectado: predio nº 1.

Propietario: Francisco Albar López.

Superficie (m): 460,95.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución; pódense facer acompañar, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos e dun notario.

Tendo en conta estes antecedentes, e en cumprimento do establecido no artigo 17.2º do Regulamento de expropiación forzosa, ábrese información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación, co fin de que os interesados poidan formular por escrito perante a Dirección Xeral de Obras Públicas, Delegación Provincial de Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n, CP 36071 de Pontevedra, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de

emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

Pontevedra, 14 de agosto de 2002.

Ramón González Fernández

Enxeñeiro xefe en funcións do Servicio

Provincial de Estradas de Pontevedra