Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da U.E. 1-01 Villalaura (expediente 4342/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 1 de agosto de 2002, acordou tomar coñecemento do proxecto de compensación da U.E. 1-01 Villalaura, aprobado inicialmente pola xunta de compensación en asemblea do 19-12-2001 e redactado polos arquitectos Antonio Davila Alonso, Eva Filgueira García, César Jimémez López, Luis Meijide Rico e Jesús Cordeiro Rodríguez.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días mediante inserción de anuncio no DOG, segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a data de publicación do devandito anuncio.

A documentación atópase na oficina de información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo, sita na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos/as propietarios/as e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Fíxese no taboleiro de anuncios da Xerencia de Urbanismo.

Vigo, 9 de agosto de 2002.

Amador Fernández Fernández

Presidente accidental da Xerencia Municipal

de Urbanismo