Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIANA DO BOLO

ANUNCIO.

Acordada a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello, formulado o seu avance no que se conteñen a estratexia, as directrices e os obxectivos xerais do citado plan e sometido a coñecemento do Pleno do Concello, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que, durante este tempo, as entidades e os particulares poidan suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que xulguen procedentes.

Viana do Bolo, 12 de agosto de 2002.

Sergio González Bruña

Alcalde