Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte Montes Baixos de Robledo III, a favor dos veciños do lugar de Robledo, no concello de Carballeda de Valdeorras.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o vintenove de maio de dous mil dous, adopta-lo seguinte:

ACORDO:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado Montes Baixos de Robledo III, por solicitude dos veciños de Robledo, do concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Resultando que o 16 de setembro de 1999 tivo entrada no rexistro da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar de Robledo, concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), solicitando se declare o monte Montes Baixos de Robledo III, como veciñal en man común.

Resultando que o Xurado Provincial en sesión celebrada o 22 de marzo de 2000, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores a Manuel Bouzas Costa e Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade do Barco de Valdeorras, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de Robledo, á Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Carballeda de Valdeorras, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro e ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Carballeda de Valdeorras, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia anotada ó dorso do edicto

polo secretario do citado Concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e constan presentados:

-Por parte do concello, certificado da cesión do Pleno de data 27 de decembro de 2001 relativo á ratificación do texto seguinte:

De conformidade co contido do acordo plenario de data 7 de maio de 1998 no que se deixou constancia de que este Concello facilitaría a tramitación

do expediente, se ben o Concello seguirá durante o proceso de tramitación percibindo os productos derivados da ocupación dos predios e revertendo ese producto no núcleo de Robledo, compromiso que se cumpre anualmente, acórdase en consecuencia non formular alegación ningunha ós referidos expedientes, se ben que se deberá manter con carácter permanente e continuo a servidume de paso da tubaxe de abastecemento a Sobradelo, que na actualidade discorre sobre leiras afectados polo expediente, para o cal se deberá de redacta-la correspondente memoria na que se detalle pola extensión indispensable á que se contrae a dita servidume.

-Por parte de Dolores Anta Corzo relativa a terreos da súa propiedade que poderían estar afectados pola clasificación. Trasladados os instructores ó concello en comparecencia cos promotores do expediente e a interesada, compróbanse unha por unha, segundo a lista do catastro cos planos das parcelas do monte que se pretende clasificar, que as referidas leiras quedan na súa maioría fóra da clasificación, lindando algunhas delas co monte en cuestión.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade do Barco de Valdeorras, como segue: anotación preventida sobre o predio 9.502 de Carballeda, folio 126, libro 58, tomo 515 a favor dos veciños de Robledo.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2. Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aprovei

tados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar de Robledo, no concello de Carballeda de Valdeorras.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar de Robledo, están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que segundo o teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do Xurado, por instancia dos veciños do lugar de Robledo e para que este Xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros:

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica- lo monte denominado Montes Baixos de Robledo III, de 20 ha 66 a 20 ca, aproximadamente en conxunto de superficie, a favor dos veciños do lugar de Robledo, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello de: Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Monte denominado: Montes Baixos de Robledo III.

Comunicade propietaria: Veciños de Robledo.

Superficie total: 20 ha 66 a 20 ca, en conxunto, aproximadamente.

Descrición das características das sete leiras que integran o citado monte:

-Leira nº 1:

Superficie: 91 a 75 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste-oeste: María Basteiro Rodríguez (leira nº 5).

Sur-oeste-leste: descoñecido (leira nº 1).

Sur-oeste: leira nº 7 incluída no trámite de Montes de Robledo II.

Oeste: concello (leira nº 8).

Norte-sur-leste: descoñecido (leira nº 3).

Norte-leste: pista principal.

Norte-oeste: Eladio García Ojea (leira nº 6).

No interior constan: Eladio García Ojea (leira nº 2) e descoñecido (leira nº 4).

-Leira nº 2:

Superficie: 62 a 61 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste: descoñecido (leira nº 6), Casiano Núñez (leira nº 5).

Sur-leste-oeste: Belarmino Rodríguez Rodríguez (leira nº 1), Dosinda Lameiro Fidalgo (leira nº 2).

Oeste: concello (leira nº 7).

Norte-sur-leste-oeste: José Cotado Fidalgo (leira nº 3).

Norte-sur-leste-sur: pista principal.

No interior consta: descoñecido (leira nº 4).

-Leira nº 3:

Superficie: 27 a 87 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: concello (leira nº 7).

Sur-oeste: José Fidalgo Fernández (leira nº 5), Dionisia Vázquez Prieto (leira nº 4).

Sur-leste: Juan Rodríguez Ojea (leira nº 1).

Norte-leste: Manuel Couso Fidalgo (leira nº 2).

Norte-leste-oeste: Jose Fernández García (leira nº 3).

Sur-leste-oeste: descoñecido (leira nº 6).

-Leira nº 4:

Superficie: 1 ha 57 a 26 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Avelino Anta Couso (leira nº 1).

Norte-leste-oeste: Secundino Rodríguez Ojea (leira nº 2), descoñecido (leira nº 11).

Norte-oeste: Felisindo Ramos Ramos (leira nº 3), José Fidalgo Fernández (leira nº 10).

Leste: Adolfo López Alonso (leira nº 4).

Sur-leste: José Fernández García (leira nº 5), concello (leira nº 16), Gervasio Rodríguez Alonso (leira nº 14).

Sur: concello (leira nº 6).

Norte-sur-oeste: Agustín Anta Méndez (leira nº 15).

Norte-leste: Juan Rodríguez Ojea (leira nº 12).

Norte-sur-leste-oeste: Fernando Barba Prieto (leira nº 8), Amalia Lameiro Fidalgo (leira nº 9).

Sur-leste-oeste: Dionisia Vázquez Prieto (leira nº 7), leira nº 13 incluída no trámite de Montes de Robledo II.

Sur-oeste: camiño novo a Currelos.

-Leira nº 5 formada polas 5 , 5, 5.

Superficie total, incluída a entulleira: 17 ha 26 a 71 ca, en conxunto, aproximadamente.

Leira nº 5 :

Superficie: 16 ha 65 a 32 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Arturo Vidal Anta (leira nº 16).

Norte-leste: Belarmino Rodríguez Rodríguez (leira nº 3), Ángel López Rodríguez (leira nº 15), José López Alonso (leira nº 19), Salustiano Alonso Fernández (leira nº 25), concello (leira nº 46), e camiño de acceso á entulleira.

Leste: Gervasio Rodríguez (leira nº 10), descoñecido (leira nº 11), Belarmino Rodríguez Rodríguez (leira nº 23), concello (leira nº 45, 47).

Norte-sur-leste: Salustiano Prieto (leira nº 1), descoñecido (leira nº 4, 6 , 22), José Fernández García (leira nº 5), José Rodríguez Rodríguez (leira nº 7), Alicia Fernández Rodríguez (leira nº 8, 20), Juan Couso Rodríguez (leira nº 9), Gervasio García López (leira nº 12), Robustiano Alonso Fernández (leira nº 24), Nicanor Rodríguez Gómez (leira nº 26).

Sur: José Fernández García (leira nº 39), Manuel Couso Fidalgo (leira nº 40), e leira nº 44 incluída no trámite de Montes de Robledo II.

Sur-leste: Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 2).

Sur-oeste-leste: Secundino Rodríguez Ojea (leira nº 35).

Sur-oeste: Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 29), Manuel Couso Rodríguez (leira nº 30), Domingo García (leira nº 31), Juan Rodríguez Ojea (leira nº 43).

Norte-sur-leste-oeste: Socorro García López (leira nº 134), Manuel Couso Rodríguez (leira nº 14), Carmen Basteiro Rodríguez (leira nº 27), Felisindo Ramos Ramos (leira nº 36), Adolfo López Alonso (leira nº 37).

Norte-oeste: camiño novo a Currelos.

Sur-leste-oeste: Juan José Lameiro Fidalgo (leira nº 21).

Norte-sur-oeste: María Basteiro Rodríguez (leira nº 28), Venancio Couso Fidalgo (leira nº 41).

Oeste: Agustín Anta Couso (leira nº 32), Avelino Anta Couso (leira nº 33), concello (leira nº 38).

No interior constan: Regina Fidalgo (leira nº 42) e Juan Couso Rodríguez (leira nº 34), e entulleira.

Leira nº 5 : superficie 20 a 80 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: José López Alonso (leira nº 19).

Norte-sur-leste-oeste: descoñecido (leira nº 18).

Sur-leste: Ángel López Rodríguez (leira nº 15).

Sur-oeste: camiño de acceso á entulleira.

Leira nº 5 : superficie 40 a 59 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-oeste: concello (leira nº 45, incluída no trámite de Montes de Robledo II), e camiño a Domiz.

Sur: pista principal.

Sur-leste-oeste: camino novo de Currelos.

Norte-leste: camiño a Domiz.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscrito a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Carballeda de Valdeorras, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que, por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense 29 de maio de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense