Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.735

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 xullo de 2002 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Pola orde do 15 de maio de 2002 convócase concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En aplicación do disposto na base décima da orde de convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de méritos específico, convocado pola Orde do 15 de maio de 2002 (DOG do 30 de maio).

Segundo.-A toma de posesión dos destinos acadados neste concurso terá efectos desde o 1 de setembro de 2002.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e

Ordenación Universitaria

ANEXO

Nº da

praza

Praza adxudicadaSeleccionadoPuntuación

Total

1Preescolar na Casa (Lugo TV)Juan Antonio Pinto Antón25,0200

2Secretaría Xeral para o Deporte (Santiago de Compostela)Lucía Frois Refojo18,4200

2Secretaría Xeral para o Deporte (Lugo)V. Javier Illán Álvarez13,2500

4ASPAS (Santiago de Compostela)Mª Concepción Núñez Desiré16,4000

5Caixa Galicia (Monforte de Lemos)Mª Jesús Rodríguez Rodríguez22,2600

6Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Hospital Illas Cíes de Vigo)Francisco Javier Rodríguez Crespo21,2110

7Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. (Servicio de Igualdade. Santiago de Compostela)Ana María López Pena13,5625