Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de ecógrafos con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia. (SCS.-31/2002) (8 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde/Sergas-Servicio de Equipamentos (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: varios hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de ecógrafos (8 lotes).

Orzamento total: tres millóns cento vintenove mil euros, IVE incluído (3.129.000 euros); desagrégase en dúas anualidades, para o ano:

2002.................. 267.000 A.

2003.................. 2.862.000 A.

LoteDescriciónAnualidade

2002

Anualidade

2003

1Ecógrafos uroloxía150.000 A

2Ecógrafos dixestivo171.000 A

3Ecógrafos doppler cor neonatoloxía51.000 A

4Ecógrafos doppler cor vascular51.000 A

5Ecógrafos xinecoloxía-obstetricia783.000 A

6Ecógrafos oftalmoloxía108.000 A

7Ecógrafos cardioloxía1.548.000 A

8Ecógrafos radiodiagnóstico267.000 A

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 45 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 13 de setembro de 2002.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 20 de setembro de 2002.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/ Sergas edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver

puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2003.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 11 de febreiro de 2002.

17. Data de envío do anuncio: 14 de agosto de 2002.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2002.

P.D. (2-8-2002)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde