A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso:
Expediente 25/2002:
1. Obxecto: servicio de seguridade e vixilancia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo (vixilantes sen arma).
2. Orzamento: 554.000, IVE incluído.
3. Prazo de execución: 12 meses desde a data de formalización do contrato.
4. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
5. Garantía provisional: importe 11.080.
6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.
7. Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría C, equivalente ó establecido no Real decreto 52/1991, do 25 de xaneiro: grupo III, subgrupo 2, categoría C.
8. Solvencia económica e financeira:
9. Solvencia técnica:
10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.3).
11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 59 37, fax: 986 81 60 29, e pode ser consultada na páxina web do Sergas: www.sergas.es.
12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes
das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Vigo, 2 de agosto de 2002.
Manuel Sánchez Delgado
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Cíes de Vigo