Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: modificación I L.M.T., C.T. Sancibrán.
Situación: Carnota.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV, de 1.371 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Pontella-Alivia e final no C.T. aéreo de Sancibrán de 50 kVA. Concello de Carnota.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 11 de xullo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña