Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave LU/02/018.01 e oito máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción da obra de acondicionamento da estrada LU-115 (antiga CP39-01), Outeiro de Rei N-VI, Castro.

Clave: LU/02/018.01.

Orzamento: cento quince mil seiscentos trinta e seis euros con once céntimos (115.636,11 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra variante na estrada AC-450 Bertamiráns-Negreira. Treito: variante de Ponte Maceira.

Clave: AC/00/051.01.

Orzamento: cento trece mil oitocentos cinco euros con setenta céntimos (113.805,70 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

3. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía do vial de conexión do segundo cinturón de circunvalación de Vigo co Polígono Industrial de Balaídos. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Zona Franca de Vigo 4-10-2001.

Clave: PO/02/048.03.

Orzamento: cento cincuenta mil sesenta e un euros con noventa céntimos (150.061,90 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

4. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada PO-342 Virxe do Camiño-Cela. Treito: Virxe do Camiño-Mosende.

Clave: PO/02/028.01.

Orzamento: oitenta e un mil seiscentos oitenta e cinco euros con dezasete céntimos (81.685,17 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

5. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da

obra acondicionamento da estrada LU-750 Meira-Baleira. Treito: A Muíña-Baleira.

Clave: LU/02/040.01.

Orzamento: cento vinte mil cincocentos setenta e sete euros con noventa e catro céntimos (120.577,94 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

6. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada LU-750 Meira-Baleira. Treito: Meira-A Muíña.

Clave: LU/02/041.01.

Orzamento: cento vinte mil cincocentos setenta e sete euros con noventa e catro céntimos (120.577,94 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

7. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada LU-621 A Pobra de San Xiao-Baralla. Treito: A Pobra de San Xiao-Láncara.

Clave: LU/02/039.01.

Orzamento: cento trinta e catro mil trescentos sesenta e oito euros con catorce céntimos (134.368,14 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

8. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada AC-403 Muros-Santa Comba. Treito: Pino do Val-Paxareiras.

Clave: AC/01/080.01.2.

Orzamento: noventa e cinco mil douscentos sesenta e un euros con corenta céntimos (95.261,40 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

9. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra mellora dos accesos a Castrelo de Miño. Acondicionamento das estradas OU-402, treito Feá-Castrelo de Miño-Valdepereira e OU-403 Ponte Castrelo-Valdepereira.

Clave: OU/02/001.01.

Orzamento: cento vintecinco mil cento corenta e sete euros con seis céntimos (125.147,06 euros).

Prazo de execución: 16 meses.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 49 86.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta é de 3 meses desde a apertura das proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2002.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda