Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.584

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 1 de agosto de 2002 polo que se fai público o nomeamento das secretarías en réxime de provisión temporal para as localidades de Ordes, Mondoñedo número dous e Ribadavia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Con data do 31 de xullo de 2002. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/rf. Secretarios de Provisión Temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza, praza de Galicia, s/n, 15004 A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta xerencia territorial en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no punto décimo primeiro da orde ministerial do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21 de xullo). Nomeamento acordo da Sala de Goberno de data 26-7-2002.

Provincia da Coruña

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, Manuel Ángel Cobas Otero.

Provincia de Lugo

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Mondoñedo, Ana Rodríguez Puga.

Provincia de Ourense

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribadavia, María Dolores Chapela Pérez.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. Manuel Olmo Peláez. Xerente territorial. Rubricado. Hai un selo de saída da Xerencia Territorial».

Así mesmo faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno de data 26-7-2002, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, pregándolle que envíe a esta presidencia un exemplar deste no que se faga para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 1 de agosto de 2002.

Antonio González Nieto

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia acctal.