Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 31-7-2002, foi aprobado o prego de cláusulas particulares que rexerán a contratación para as obras que se indican, o que se expón ó público, na Secretaría do Concello, polo prazo de catro días hábiles, contados desde a publicación do presente anuncio no BOP, durante o cal tódolos interesados poderán presenta-las reclamacións que estimen oportunas.

Simultaneamente anúnciase licitación para adxudica-lo contrato, quedando suspendida esta no suposto de que se presenten reclamacións contra o prego de cláusulas particulares, segundo o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora. a) Organismo: Concello de Vilar de Santos. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Nº de expediente: 1/2002.

2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: pavimentación Bréixome-Laioso. b) Lugar de execución: Bréixome e Laioso. c) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación total: 37.915 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Vilar de Santos. b) Domicilio: r/ Celanova, 77. c) Localidade e código postal: Vilar de Santos, 32650. d) Teléfono: 988 46 58 83. e) Telefax: 988 46 58 63. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para presenta-la documentación.

7. Requisitos específicos do contratista. a) Clasificación: non se esixe. b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: acreditarase de acordo co punto j da cláusula VIII do prego.

8. Presentación das ofertas. a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural posterior á última das publicacións. b) Documentación que hai que presentar: a relacionada na cláusula VIII do prego de condicións. c) Lugar de presentación: Concello de Vilar de Santos, r/ Celanova, 77, Vilar de Santos, 32650. d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Vilar de Santos. b) Domicilio: r/ Celanova, 77. c) Localidade: Vilar de Santos. d) Data: sexto día posterior ó de remate do prazo para presentar proposicións. e) Hora: 12.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vilar de Santos, 9 de agosto de 2002.

Juan Carlos Nogueiras Dacal

Alcalde en funcións