Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 29 de abril de 2002 adoptouse o acordo que a seguir se transcribe:

«Non se presentando reclamación contra a aprobación inicial do proxecto de urbanización en Lóngara, San Pedro de Benquerencia, promovido por Complejo Moas, S.L. e que desenvolve o plan parcial aprobado polo Pleno do 25-5-2001, segundo consta no certificado de exposición ó público e o seu resultado, que figura unido ó expediente, o dito proxecto de urbanización queda definitivamente aprobado, de conformidade co acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión do 1-2-2002, no seu punto segundo».

Contra o anterior acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, de se-lo caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición perante o órgano que dictou o acordo, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, de se-lo caso, o de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

Barreiros, 16 de xullo de 2002.

Manuel Díaz Sampedro

Alcalde