Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 2 de xullo de 2002 adoptouse o acordo que a seguir se transcribe:

«Non se presentando reclamación contra a resolución da Alcaldía do 22 de abril de 2002, de aprobación inicial do proxecto de urbanización na Espiñeira, San Cosme de Barreiros, promovido por Xestur Lugo, S.A. e que desenvolve o plan parcial aprobado polo Pleno do 26 de febreiro de 2002, segundo consta no certificado de exposición ó público e o seu resultado, que figura unido ó expediente, o dito proxecto de urbanización queda definitivamente aprobado, de conformidade co punto segundo do acordo adoptado pola resolución antes citada».

Contra o anterior acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, de se-lo caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición perante o órgano que dictou o acordo, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, de se-lo caso, o de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

Barreiros, 16 de xullo de 2002.

Manuel Díaz Sampedro

Alcalde