Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Ayuda a Domicilio.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Ayuda a Domicilio que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación os/as empresarios/as e as empresas legalmente constituídas con domicilio en Galicia e que estean de alta no sistema de Seguridade Social como autónomos.

Asinan a acta de constitución Bibiana Rojas Nazar, en representación de Pedrosa & Rojas e cinco persoas máis, representando outras tantas sociedades.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais