Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Energía Especiales, S.A.
Enderezo social: avda. San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Ponte do Porto.
Situación: Camariñas.
Características técnicas: liña eléctrica aérea-subterránea de media tensión a 20 kV en su tramo aéreo sobre apoios de formigón e en conductor LA-56, de 40 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Camariñas 804 seguido de tramo subterráneo, baixo tubo en conductor RHV 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 1.113 m de lonxitude e final no C.T. A Ponte do Porto que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte a rede subterránea de baixa tensión, en conductor RV de 795 m de lonxitude seguido de tramo aéreo de 100 m na Ponte do Porto-Camariñas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 7 de agosto de 2002.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións