Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.536

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2002 pola que se adxudican as axudas para a realización de proxectos e investigacións sobre materias turísticas dentro do programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia (2002-2005).

A orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 24 de maio de 2002 (DOG do 3 de xuño), aprobaba as bases da convocatoria de axudas para a realización de proxectos e investigacións sobre materias turísticas.

No punto sexto, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión correspondente.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos e investigacións sobre materias turísticas, ás persoas que se relacionan no anexo desta orde. As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 04.06.432A.780.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 24 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Terceiro.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 24-5-2002, DOG do 3 de xuño)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO

1º APELIDO2º APELIDONOMENIF

ABELLAVAZQUEZCESAR32676682-F

DOPICOGARCIAMONICA32668961-Z

FERNANDEZGOMEZEVA MARIA32666914-Z

GONZALEZPEREZLEONARDO76901010-G

HERVELLAGARCIAGUSTAVO76719161-Q

OTEROGAYXAQUELINE33344059-Q

PEREZESCUDEROFERMIN33331161-K

PEREZGONZALEZMARIA ISABEL76623780-Q

TABOADARODRIGUEZJOSE JULIO76816687-E

URCELAYMAJUELOIGNACIO16301815-J