Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, da autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 27/1999).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Fraga (Arzúa e O Pino).

Liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos en tramos aéreos e baixo tubo en tramo subterráneo, con conductor PAS-50 e R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, respectivamente, coa orixe no apoio nº 9 da liña que alimenta ó C.T. O Xen (expte. 33537) e final no C.T. Fraga que se vai instalar. O tramo subterráneo situarase entre os apoios nº 3 e 4 de 105 m de lonxitude, e o aéreo desde apoios 0 ó 3 e desde o 4 ó 13, totalizando 1.785 m de lonxitude da liña. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Fraga (concellos de Arzúa e O Pino).

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 19-2-2001 e no BOP do 27-1-2001, no xornal El Ideal Gallego do 17-1-2001 e nos taboleiros de anuncios das casas dos concellos de Arzúa e O Pino ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Por esta delegación provincial foi comprobado que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións consideradas no artigo 57 a) da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24-10-1966).

Así mesmo foi comprobado que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57 b) da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública destes que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 1 de agosto de 2002.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións