Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento liña ferrocarril (Santiago de Compostela-Oroso).
Situación: Santiago de Compostela, Oroso e Trazo.
Descricións técnicas: recuamento de L.M.T. afectada pola adecuación e modernización do ferrocarril Zamora-A Coruña. Tramo Santiago de Compostela-Oroso a 20 kV.
-Tramo aéreo-subterráneo de 265 m de lonxitude en conductor LA-56 e R.H.V. 95. Actuación 204.
-Tramo aéreo-subterráneo de 570 m de lonxitude. Actuación nº 207.
-Tramo aéreo de 281 m de lonxitude. Actuación 208.
-Tramo aéreo-subterráneo de 380 m de lonxitude. Actuación 215. Nos concellos de Santiago de Compostela, Oroso e Trazo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 9 de xullo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña