Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7071; XG-445, Verín-Vilardevós, con anexos.

O Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 7 de xuño de 2002, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Guerra, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7071; XG-445, Verín-Vilardevós, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Verín, Ábedes, A Bemposta, Cavadas, O Peto, Traseirexa, Santa María, San Roque, Vilardevós, Salto do Cabalo, Lamasdeite, Soutochao, Tomonde, A Trave, Berrande, Cruzamento Moialde, Santa Comba e Arzoa.

-Vilardevós, Enxames, Florderrei, Arzadegos e Vilarello.

-Florderrei e Terroso.

-Salto do Cabalo e Cruzamento Moialde.

-A Bemposta e A Veiga das Meás.

-Cavadas, Osoño, Hospital, Devesa e O Peto.

-San Roque, Muimenta e Vilardecervos.

2. Expedicions.

-Vilarello-Florderrei-Terroso-Florderrei-Vilardevós-O Peto-Hospital-Cavadas-Verín.

Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables durante o período lectivo.

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables durante o período non lectivo.

-Arzoa-Cruzamento Moialde-Salto do Cabalo-Vilardevós-O Peto-Cavadas-A Bemposta-A Veiga das Meás-A Bemposta-Verín.

Unha expedición de ida e volta os días de feira: días 3, 11 e 23 de cada mes (cando os ditos días coincidan con domingo ou festivo esta expedición realízase o día laborable seguinte).

-Moialde-A Trabe-Soutochao-Vilardevós-San Roque-Vilardecervos-San Roque-Verín.

Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres laborables.

-Vilardevós-O Peto-Hospital-Cavadas-Verín.

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período lectivo.

-Soutochao-Vilardevós-San Roque-Vilardecervos-San Roque-Verín.

Unha expedición de ida e dúas de volta os martes e xoves laborables durante o período lectivo.

Unha expedición de volta os luns, mércores e venres durante o período lectivo.

Unha expedición de ida e volta os martes e xoves laborables durante o período non lectivo.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 0,054071 A.

Tarifa usuario: 0,057856 A.

Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 0,0081107 A.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes