Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo no edificio da Consellería de Economía e Facenda de San Caetano, soto, en Santiago de Compostela, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Interesados: Armando Rivas Calvo e José Benito Díaz Paz (Graíñas, S.L.).

CIF: B-15569734.

Enderezo: rúa Gómez Ulla, nº 8-4º, 15702 Santiago de Compostela.

Procedemento: resolución recurso de reposición en relación co aviso de providencia de constrinximento.

Providencias: 99150031761, 99150053761 e 99150039813.

Interesada: Antonia Vázquez Carro.

CIF: 32320550-N.

Enderezo: avda. Sardiñeira, nº 35-1º, 15008 A Coruña.

Procedemento: resolución recurso de reposición en relación co aviso de providencia de embargo.

Providencia: 150098652.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA