Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente de contratación C.P. 6/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 65 92. Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 6/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: a subministración sucesiva de carne de vitela (lote nº 1), de porco (lote nº 2), de coello, de aves e ovos (lote nº 3).

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 76, do 19 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Lote nº 1. Noventa e un mil cincocentos sesenta e cinco euros con dez céntimos (IVE incluído) (91.565,10 A).

Lote nº 2. Trinta e un mil douscentos corenta e nove euros, con cinco céntimos (IVE incluído) (31.249,05 A).

Lote nº 3. Cincuenta e catro mil trescentos oitenta e catro euros, con cincuenta céntimos (IVE incluído) (54.384,50 A).

5. Adxudicación.

a) Data: 3 de xuño de 2002.

b) Contratista:

Lote nº 1. Jesús Folgueiras Fernández.

Lote nº 2. Industrias Ourensanas Cárnicas Núñez, S.L.

Lote nº 3. Industrias Ourensanas Cárnicas Núñez, S.L.

c) Importe da adxudicación:

Lote nº 1. Oitenta e dous mil novecentos vintenove euros (82.929 A) (IVE incluído).

Lote nº 2. Vinteún mil setecentos noventa e nove euros con corenta céntimos (21.799,40 A) (IVE incluído).

Lote nº 3. Cincuenta e un mil seiscentos cincuenta e nove euros con cincuenta céntimos (51.659,50 A) (IVE incluído).

Lugo, 2 de xullo de 2002.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo