Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente de dilixencias previas 192/2001 á comunidade de propietarios do edificio número 36 da rúa Guitiriz de Vilalba.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente de dilixencias previas, seguido en virtude de denuncia formulada por María Elena Criado Vázquez, como presidenta da comunidade de propietarios do edificio nº 36 da rúa Guitiriz de Vilalba, contra a promotora inmobiliaria Albalar, S.L., finalizando este trámite con resolución do expediente de dilixencias previas 192/2001.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución expediente dilixencias previas 192/2001.

Vista a denuncia presentada por María Elena Criado Vázquez, como presidenta da comunidade de propietarios do edificio nº 36 da rúa Guitiriz de Vilalba contra a entidade mercantil Albalar, S.L., e despois das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Que con data 24 de outubro de 2001, Rexistro de entrada do 6 de novembro de 2001, María Elena Criado Vázquez presentou denuncia ante esta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción no inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 192/2001, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Albalar, S.L., para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a súa execución.

Terceiro.-Con data 10 de abril de 2002, o denunciado presenta escrito mediante o que comunica a reparación das deficiencias denunciadas. Trasladado copia do dito escrito á denunciante, concédeselle

prazo de 10 días para que presente alegacións, non facendo uso deste dereito.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución destas dilixencias previas o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a teor do disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Á vista das actuacións practicadas, procede, conforme o disposto no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento de procedemento para o exercicio da facultade sancionadora), o sobresemento e o arquivo das actuacións.

Por todo isto acorda decreta-lo sobresemento e o arquivo das actuacións.

Contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde a notificación da presente resolución.

Lugo, 12 de xuño de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo