Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO de poxa, con procedemento aberto, para a contratación das obras de acondicionamento da rúa As Neves, incluída no P.O.S. 2002 da Deputación Provincial da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Malpica de Bergantiños.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de acondicionamento da rúa As Neves.

3. Prazo de execución: 6 (seis) meses desde a comprobación do replanteo.

4. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

Prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, aprobado pola Deputación Provincial da Coruña con data do 30 de marzo de 2001 (BOE nº 78, do 4 de abril).

5. Orzamento de licitación: 75.092,88 euros (setenta e cinco mil noventa e dous euros con oitenta e oito céntimos).

6. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Documentación e información: Secretaría do Concello de Malpica de Bergantiños.

8. Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do último día do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia ou no diario La Voz de Galicia.

b) Documentación: a documentación presentarase en 2 sobres cerrados titulados: sobre A, subtitulado «Documentación». Sobre B, subtitulado «Oferta económica e referencias técnicas». Conterá a proposición económica axustada ó modelo que figura no anexo III do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Documentos das Oficinas Xerais, sito na Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

10. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Data: 12 horas do segundo día seguinte hábil (excepto sábados) ó de finalización de presentación de proposicións.

Malpica de Bergantiños, 1 de agosto de 2002.

José Ramón Varela Rey

Alcalde-presidente