Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 30 de maio de 2002 aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da zona verde e espacio público no antigo cuarteirón de Intendencia, sendo o teor do acordo o seguinte:

«Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización da zona verde e espacio público no antigo cuarteirón de Intendencia por Decreto da alcaldía-presidencia do 4 de febreiro de 2002, e sometido a información pública polo prazo dun mes, mediante publicacións no xornal La Voz de Galicia do 8 de febreiro de 2002 e no DOG nº 64, do 3 de abril de 2002, e exposto no taboleiro de edictos do concello desde o 8 de febreiro ata o 6 de maio de 2002. Durante o período de exposición pública non se presentaron alegacións, segundo consta no certificado do rexistro xeral. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo, na sesión celebrada o 9 de maio de 2002 en votación ordinaria e por unanimidade, estimou oportuno propoñer ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos. Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de zona verde e espacio público no antigo cuarteirón de Intendencia, coas condicións contidas no informe do enxeñeiro municipal. Segundo.-Pu

blica-lo presente acordo en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento».

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 14 de xuño de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde