Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.403

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na Deputación Provincial da Coruña, entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

De conformidade co disposto no artigo 28 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión

de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, e a Orde do 29 de maio de 2002 sobre delegación de competencias, esta dirección xeral resolve,

Publica-las bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, do posto de oficial maior clase primeira da Deputación Provincial da Coruña, que se achega coa presente resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2002.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local

Resolución da presidencia da Deputación Provincial da Coruña do 21 de xuño de 2002, pola que se aproba a convocatoria polo sistema de libre designación da praza de oficial maior, reservada a funcionarios de habilitación de carácter nacional

1) Aproba-la convocatoria, polo sistema de libre designación, do referido posto de traballo de oficial maior, de conformidade coas seguintes bases:

1. Obxecto. As presentes bases teñen por obxecto rexe-la convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, o posto de oficial maior, reservado a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de secretaría, de acordo co previsto no Real decreto 1732/1994.

2. Descrición do posto:

Corporación: Deputación Provincial da Coruña.

Denominación do posto: oficial maior. Clase primeira. Reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Nivel de complemento de destino: 30.

Contía do complemento específico: 20.811,95 A.

3. Requisitos para o seu desempeño. Serán requisitos indispensables para concorrer á convocatoria e poder desempeña-lo posto, no caso de ser nomeado:

* Estar integrado na subescala de secretaría, categoría superior.

* Acredita-lo coñecemento do idioma galego, nivel de perfeccionamento, mediante a presentación de certificación correspondente, expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ou certificado oficial de convalidación.

4. Solicitudes. Dirixiranse á presidencia da deputación, dentro dos quince días seguintes á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, segundo o disposto no artigo 28 do Real decreto 1732/1994, debendo indicarse nestas, ademais do contido mínimo establecido no artículo 70.1º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, o número de rexistro persoal, a situación administrativa na que se atope o solicitante e o seu destino, e deberán vir acompañadas da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos para o desempeño do posto sinalados na base 3 precedente.

5. Nomeamento. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, a presidencia, no prazo dun mes, procederá, de se-lo caso e, trala constatación da concorrencia dos requisitos esixidos nestas bases, a dicta-la resolución correspondente, que deberá ser motivada, e da que dará conta ó Pleno da Corporación, así como traslado á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, para anotación e publicación conxunta no Boletín Oficial del Estado.

6. Toma de posesión. Os prazos para a toma de posesión serán os mesmos que os establecidos no artigo 23 do Real decreto 1732/1994, para os funcionarios con habilitación nacional nomeados en virtude do procedemento de concurso.

7. Impugnación. Contra a presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven desta, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a presidencia desta deputación, nos termos e prazos sinalados na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou directamente recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

2) Remiti-la presente convocatoria á Dirección Xeral de Administración Local da Comunidade Autónoma para a súa publicación por esta e realización dos trámites posteriores previstos no Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.