Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

EDICTO.

Anúnciase concurso público para a adxudicación dos traballos de realización da segunda fase (Plan acción, plan de seguimento, participación cidadá e cadro de indicadores) da implantación da axenda 21 local nos concellos da Mancomunidade do Salnés, de acordo cos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares aprobados para o efecto, sendo o orzamento de licitación o de 66.500 A.

As proposicións presentaranse no rexistro da mancomunidade (con sede no Concello de Cambados), das 9 ás 14 horas, durante os 15 días seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG, en sobres pechados, coa documentación e características esixidas no prego de cláusulas administrativas.

O acto de apertura de plicas terá lugar na casa do concello de Cambados, ás 12 horas do día hábil seguinte ó remate do prazo de dous días establecido para emenda de defectos materiais da documentación, se procedese.

O prego (no que e inclúe o modelo de proposición), e a restante documentación, poderá solicitarse na secretaría da mancomunidade.

Cambados, 29 de xullo de 2002.

José M. Cores Tourís

Presidente