Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. (Expediente 7266/411).

O Pleno deste Concello de Vigo, en sesión do 29 de xullo de 2002, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Tomar coñecemento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (expediente 7266/411), redactado por Consultora Gelega, S.L., con data de xuño de 2002, en execución do contrato de consultoría e asistencia técnica formalizado para a revisión e adaptación do novo PXOM de Vigo.

Segundo.-Somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia co fin de que as distintas entidades e particulares se poidan formula-las suxestións que consideren oportunas e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes. O prazo ampliararase ata o 15 de outubro no suposto de que nesa data tivese con

cluído o de dous meses máis arriba citado, que se computará a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a última das publicacións.

Terceiro.-Remitir un exemplar do avance á Delegación do Goberno en Galicia, á CPTOPV da Xunta de Galicia e ós concellos integrantes da Mancomunidade de Vigo para que poidan achegar cantos documentos e informacións consideren que deban ser tidos en conta.

Sométese o presente expediente ó tramite de información pública polo prazo de dous meses, a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación, ampliándose este ata o 15 de outubro no suposto de que nesa data tivese concluído o de dous meses máis arriba citado, segundo o establecido no punto segundo da parte dispositiva do

acordo plenario, computándose o dito prazo a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a última das publicacións.

A documentación do presente expediente atópase a dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Vigo, 31 de xullo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo