Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 8 de xullo de 2002 aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución número 17-A (U 17-A) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), Hortas-Galeras, promovido por Manuel Ginarte Cabada e outro.

O estudio de detalle contén a delimitación da correspondente unidade de actuación que se desenvolverá a través do sistema de compensación de propietario único.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2002.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións