Obxecto do contrato: realización das obras incluídas no proxecto de adecuación do Camiño de Santiago, ruta portuguesa, tramo O Milladoiro-A Rocha Nova redactado pola empresa Consultores de Medio Ambiente y Desarrollo, S.L.
Tipo de licitación: 83.541,70 euros, IVE incluído.
Prazo de execución: 2 meses.
Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.
Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Clasificación do contratista: non se esixe.
Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.
Recollida de documentación: Copy Nova, Rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93.
Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º.3 do prego de cláusulas económico-administrativas.
Garantías:
Provisional: 1.670,83 euros.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 h, o seguinte día hábil, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.
José A. Sánchez Bugallo
Alcalde