Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente de contratación C.P. 8/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 65 92. Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 8/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: a subministración sucesiva de leite enteiro (lote nº 1), leite desnatado (lote nº 2), nata (lote nº 3), iogur enteiro (lote nº 4), iogur desnatado (lote nº 5), iogur sabores (lote nº 6), flan de ovo (lote nº 7), flan de vainilla (lote nº 8), margarina (lote nº 9) manteiga (lote nº 10), queixo fresco (lote nº 11) e queixo en barra (lote nº 12).

c) Data publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 76, do 19 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Lote nº 1: cincuenta e dous mil cincocentos noventa e seis euros (IVE engadido) (52.596 A).

Lote nº 2: sete mil douscentos euros (IVE engadido) (7.200 A).

Lote nº 3: novecentos sesenta e sete euros con cincuenta céntimos (IVE engadido) (967,50 A).

Lote nº 4: dezanove mil oitenta e cinco euros (IVE engadido) (19.085 A).

Lote nº 5: dous mil cincocentos oitenta e cinco euros (IVE engadido) (2.585 A).

Lote nº 6: doce mil setecentos sesenta euros (IVE engadido) (12.760 A).

Lote nº 7: dous mil cento sesenta euros (IVE engadido) (2.160 A).

Lote nº 8: sete mil setecentos euros (IVE engadido) (7.700 A).

Lote nº 9: cinco mil corenta euros (IVE engadido) (5.040 A).

Lote nº 10: trescentos corenta e dous euros con cincuenta céntimos (IVE engadido) (342,50 A).

Lote nº 11: tres mil douscentos corenta e nove euros (3.249 A) (IVE engadido).

Lote nº 12: dous mil catrocentos sesenta euros (2.460 A) (IVE engadido).

5. Adxudicación.

a) Data: 3 de xuño de 2002.

b) Contratista:

Lote nº 1: Clesa, S.A.

Lote nº 2: Clesa, S.A.

Lote nº 3: Clesa, S.A.

Lote nº 4: Danone, S.A.

Lote nº 5: Danone, S.A.

Lote nº 6: Danone, S.A.

Lote nº 7: Danone, S.A.

Lote nº 8: Danone, S.A.

Lote nº 9: deserto.

Lote nº 10: deserto.

Lote nº 11: Clesa, S.A.

Lote nº 12: Clesa, S.A.

c) Importe da adxudicación:

Lote nº 1: corenta e nove mil seiscentos setenta e catro euros (49.674 A) (IVE engadido).

Lote nº 2: seis mil setecentos cincuenta euros (6.750 A) (IVE engadido).

Lote nº 3: novecentos dezaoito euros (918 A) (IVE engadido).

Lote nº 4: dezaseis mil catrocentos oitenta e dous euros con cincuenta céntimos (16.482,50 A) (IVE engadido).

Lote nº 5: dous mil douscentos trinta e dous euros con cincuenta céntimos (2.232,50 A) (IVE engadido).

Lote nº 6: once mil douscentos euros (11.200 A) (IVE engadido).

Lote nº 7: mil novecentos cincuenta e seis euros (1956 A) (IVE engadido).

Lote nº 8: seis mil setecentos sesenta e cinco euros (6.765 A) (IVE engadido).

Lote nº 9: deserto.

Lote nº 10: deserto.

Lote nº 11: tres mil douscentos corenta euros (3.240 A) (IVE engadido).

Lote nº 12: dous mil douscentos oitenta e cinco euros (2.285 A) (IVE engadido).

Lugo, 2 de xullo de 2002.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo