Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de xuño de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Manuel García Brandariz a resolución do procedemento sancionador no expediente sancionador ES-P-027/2001, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-91/504, conta 115, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal a Manuel García Brandariz, da resolución sancionadora dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 18 de abril de 2002, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública, identificada como expte. PO-91/504, cta. 115, que lle fora adxudicada.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Vistas as actuacións practicadas no expediente enriba referenciado, tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data dE 5 de xullo do 2001, o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda acordou, tendo en conta o resultado das actuacións previas practicadas ó abeiro do disposto no artigo 158.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, e 12 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o inicio do procedemento sancionador ES-P-027/01, contra Manuel García Brandariz, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de protección oficial de promoción pública que lle fora adxudicada en réxime de compravenda, identificada como expte. PO-91/504, cta. 115, sita no Polígono de Torneiros, 4ª fase, blq 11, 5º dereita no Porriño.

Segundo.-Intentada a notificación persoal da resolución, este foi devolto polo servicio de correos, polo que, consonte o sinalado no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedeuse a súa publicación no taboleiro de edictos do Concello do Porriño e no Diario Oficial de Galicia, sen que o interesado presentase alegacións, malia o prazo de quince días outorgado para tal efecto.

Terceiro.-Con data do 6 de novembro de 2001, a instructora do procedemento emite a correspondente proposta de resolución, na que propón a imposición a Manuel García Brandariz da sanción de 100.001 pesetas (601,02 euros), como autor da infracción administrativa tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Cuarto.-Ante a infructuosidade do intento de notificación persoal da devandita proposta, procedeuse novamente á súa publicación no DOG e no taboleiro de edictos do Concello do Porriño, sen que tampouco o interesado presentase alegacións no prazo outorgado para tal fin.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-É competente para resolve-lo presente procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude do disposto no Decreto 134/1997, do 22

de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda (DOG nº 109, do 9 de xuño).

Segundo.-O artigo 3 do Decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre construcción, financiamento, uso, conservación e aproveitamento de vivendas de protección oficial, establece que as vivendas de protección oficial deberán dedicarse a domicilio habitual e permanente, sen que baixo ningún concepto poidan destinarse a segunda residencia ou a calquera outro uso.

Engadindo que existe habitualidade na ocupación da vivenda, cando non permaneza desocupada máis de tres meses seguidos ó ano, salvo que medie xusta causa.

Terceiro.-Os indicados feitos probados responden á infracción administrativa tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, segundo o cal:

Terán a cualificación de infraccións graves:

c) O non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

Cuarto.-Considérase responsable, en concepto de autor da devandita infracción a Manuel García Brandariz, podéndolle corresponder conforme o artigo 7.1º b) da mencionada lei a sanción de multa desde 100.001 pesetas a 500.000 pesetas (601,02 euros a 3.005,06 euros).

Vistos os preceptos legais citados, o artigo 20 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Impoñer a Manuel García Brandariz a sanción de cen mil unha pesetas (100.001 pesetas) (601,02 euros) por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública adxudicada, identificada co expte.: PO-91/504, cta. 115.

O importe da sanción imposta pola presente resolución deberá ser ingresada na conta Tesouro da Facenda Galega-conta restrinxida do IGVS-recadación de multas e sancións número 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación: as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior; as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non cumprir esta resolución administrativa en tódolos seus termos, poderán impoñerse multas coercitivas consonte o artigo 13 da Lei 13/1996.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992. Pontevedra, 18 de abril de 2002. José Manuel Iglesias Carrera, delegado provincial de Pontevedra».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 11 de xuño de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-91/504 (expte. sancionador ES-P-0027/01).

Cta.: 115.

Nome: Manuel García Brandariz.

Intentos de notificación: rúa Torneiros, fase IV, blq. 11, 5º D (O Porriño), días 6-5-2002 e 7-5-2002.