Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Regodeixo.
Situación: Monfero.
Descricións técnicas: ramal L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 10 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Casalbito e final no C.T. aéreo de Regodeixo de 50 kVA e a súa rede de baixa tensión. Concello de Monfero.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 4 de xullo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña