Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

APROBACIÓN definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, faise público que o Pleno desta Corporación, na sesión extraordinaria do día 19 de xullo de 2002, acordou o seguinte:

1. Aprobar definitivamente os convenios urbanísticos formalizados con Honorato Losada Zorelle, Félix Domínguez Pérez e Mahía Grupo Inmobiliario, S.L. O acordo adoptouse cos 7 votos favorables dos membros presentes do grupo de Goberno, maioría absoluta legal, e coa abstención dos 2 representantes do PSdeG-PSOE e dos 3 do BNG.

2. Aprobar definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal, segundo o texto refundido elaborado polo equipo redactor e coas correccións e rectificacións ordenadas pola Xunta de Galicia, segundo escrito do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 12 de xuño de 2002, no que emite informe favorable sobre o PXOM deste concello, coa expresa condición de que con anterioridade á súa aprobación definitiva se dea exacto cumprimento ó contido do referido informe. O acordo adoptouse cos 7 votos favorables dos membros presentes do grupo de Goberno, maioría absoluta legal,

e cos votos en contra dos 2 representantes do PSdeG-PSOE e dos 3 do BNG.

Contra estes acordos poderase interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante o Pleno Municipal, no prazo dun mes, como trámite previo ó contencioso-administrativo, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 52 da Lei 7/1985, 116 e 117 da lei 4/1999 e 46 da Lei 29/1998, así como lexislación concordante.

Este anuncio cumpre así mesmo o disposto no artigo 59.4º e 5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en canto ás notificacións a tódolos interesados no expediente.

Barbadás, 2 de agosto de 2002.

José Manuel Freire Couto

Alcalde