A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de xuño de 2002, acordou aprobar incialmente o expediente de división da UA 33 en dous polígonos, sita en Meicende (expediente 35/2002.DUA), o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes.
Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva ete anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se consideren no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 3 de xullo de 2002.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente alcalde