Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de creatividade para unha campaña de comunicación e imaxe sobre o medio rural galego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de creatividade para unha campaña de comunicación e imaxe sobre o medio rural galego.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Prazo de execución ou data límite de entrega: ata o 15 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 300.500 A.

5. Garantía provisional: 6.010 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Agader.

b) Enderezo: avda. do Camiño Francés, nº 10, baixo.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 73 55.

e) Telefax: 981 54 73 81.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 21 de setembro de 2002.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: T (III), subgrupo: 1 (3), categoría: D.

b) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: non procede, por esixirse clasificación.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21 de setembro de 2002.

b) Documentación que se vai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Agader.

2º Enderezo: avda. do Camiño Francés, nº 10 baixo.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Agader. Domicilio: avda. do Camiño Francés, nº 10, baixo.

b) Localidade: Santiago de Compostela.

c) Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas. Se o dito dia coincide en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

d) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: 1.700 A (importe máximo estimado).

Serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 31 de xullo de 2002.

12. Portal informático ou páxina web donde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos. www.xunta.es/contratacion e agader.xunta.es

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Belén Hernández Lafuente

Directora xeral da Axencia Galega

de Desenvolvemento Rural