Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios OU 272/02 IN e seis máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación

para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta con

sellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense

ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 11 de xullo de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte.nº/AnoDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción euros

OU 272/02 INSociedad Gallega de Carretillas S.A.

CIF: A-36.711.612

Coto Grande nº1

36318 Cabral (Vigo)

Abandono de vehículo

M-6294-K

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 304/02 INTransportes Elías Domínguez S.L.

CIF: B-36.615.003

Purificación Saavedra nº 58

36207 Vigo

Abandono de vehículo

V-0632-BT

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 317/02 INGarage Italiano

CIF: A-32.006.165

Avda. de La Habana nº 59

32003 Ourense

Abandono de vehículo

LU-2238-I

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 321/02 INÁngel Nogueira Alas

DNI: 34.918.955-X

Valencia del Sil

32340 Vilamartín

Abandono de vehículo

Nº bastidor: 5B3P145413

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 335/02 INFrancisco Vilar Estévez

DNI: 34.929.164

Real nº 53

32350 A Rúa

Abandono de vehículo

LE-4288-M

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 338/02 INSenén Corzo Vázquez

DNI: 76.698.752

Pusmazán

32336 Carballeda de Valdeorras

Abandono de vehículo

OR-7942-B

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 342/02 INMaría Mercedes García Fraga

DNI: 35.257.816

A Barca nº 4

36995 Poio (Pontevedra)

Abandono de vehículo

LU-3496-I

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)