De conformidade co dispostos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 18 de xuño de 2002.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: P-71/2002.
Denunciado: Francisco Javier Vila Gardón.
DNI: 34941224-S.
Enderezo: r/ Marcelo Macías, nº 60-3º esq. Ourense.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana en día inhábil (luns non festivo). Feitos constatados o día 1-4-2002, ás 16.25 h no río Miño-encoro de Belesar. Chantada. Lugo.
Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación da sanción: leve.
Sanción: 60,10 euros.