Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Ameás.
Situación: Carral.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al de 45 m de lonxitude, coa orixe na liña BEG703, en apoio ó lado do C.T. Ameás e final no novo C.T. Ameás, a instalar.
Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que sae rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 30 m que se conecta á rede existente no lugar. Concello de Carral.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria
e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 8 de xullo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña