Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación do servicio de cafetería e comedor no edificio administrativo da Escola Galega de Administración Pública.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Escola Galega de Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Económico-Administrativo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de cafetería e comedor.

b) Lugar de execución: edificio administrativo da Escola Galega de Administración Pública.

c) Prazo de execución: 2 anos prorrogables por outros dous.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon.

450 euros mensuais.

5. Garantía provisional.

1.200 euros.

6. Obtención de documentación e información.

1) No servicio económico-administrativo da Escola Galega de Administración Pública, sito na rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, no número de teléfono 981 54 62 40 e telefax 981 54 63 37.

2) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: informe de institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global dos tres últimos exercicios.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, ou telegrama conforme o establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada na EGAP antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Admisión de variantes: admitirase a presentación de 2 variantes.

9. Apertura das ofertas:

a) Na sala de xuntas da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

b) En acto público, ás 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica. Se coincide en sábado ou festivo, trasladarase a data ata o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos.

www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1586.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública