Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.164

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (308/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 308/2002 por instancia de José Antonio Suárez Gantes, contra a empresa Reformas Caxigueira, S.L. e Fogasa sobre resolución de contrato, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, 20 de xuño de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 308/2002, seguidos por instancia de José Antonio Suárez Gantes, maior de idade, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Reformas Caxigueira, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, resolución de contrato.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta polo demandante José Antonio Suárez Gantes contra a empresa Reformas Caxigueira, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes na data da presente resolución, condenando a empresa a estar e pasar por tal declaración e a que lle aboe ó demandante a cantidade de 2.323,25 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia; e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consginacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á empresa Reformas Caxigueira, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña, 20 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado