De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 17 de agosto de 2001 (BOE do 13 de setembro) para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría e historia da educación, do departamento de Teoría e Historia da Educación, a Miguel Ángel Santos Rego, e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Miguel Ángel Santos Rego, catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría e historia da educación, do departamento de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2002.
Senén Barro Ameneiro
Rector da Universidade de Santiago de Compostela